Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria
  • Inicio
  • > Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos

Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos

Logotipo SEPG

A Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos dirixe e coordina, baixo a dependencia do Ministro de Facenda e Función Pública:

A formulación de criterios e obxectivos de política orzamentaria, a programación plurianual dos programas de gastos e ingresos do sector público estatal e a elaboración dos orzamentos xerais do Estado, o seu seguimento e avaliación da súa execución, a través da Dirección Xeral de Orzamentos.

  • A planificación, programación e orzamentación dos custos de persoal do sector público estatal e o recoñecemento e o pago das pensións de Réxime Xeral de Clases Pasivas; todo isto, a través da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas.
  • O deseño, planificación e xestión dos fondos comunitarios e a execución estatal da política de incentivos rexionais, así como o seguimento e a xestión da participación española no orzamento comunitario da Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Fondos Europeos.

Así mesmo, atópase adscrita á Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos a Intervención Xeral da Administración do Estado.

No exercicio destas funcións, o seu titular coordina a Comisión de Políticas de Gasto e a Comisión de Ingresos, que preside en ausencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas. Preside as Comisións de Análises de Programas e ocupa, ademais, a vicepresidencia da Comisión de Coordinación Financeira de Actuacións Inmobiliarias e Patrimoniais. Preside tamén o Comité de Investimentos Públicos e o Consello Reitor de Incentivos Rexionais e é, ademais, titular da Delegación Especial do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en Renfe-Operadora. As unidades administrativas integrantes da devandita delegación dependen orgánica e funcionalmente deste.

A través destas páxinas, poderase obter información actualizada de todas as súas actuacións e, ademais, poderase comunicar coas diferentes unidades a través dos seguintes enderezos de contacto.

Data da última actualización: 4/8/2017